PEZAS DO MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA: ARTES POPULARES (OS OFICIOS)  

Posted by Encarna Lago in , ,

Unha parte esencial dos museos son as súas coleccións e por iso consideramos que é importante ir presentándovos as pezas que forman parte da nosa, para que nos vaiades coñecendo mellor e tamén para que saibades de primeira man o traballo que se desenvolve no día a día dun museo coma o noso. Periodicamente irémosvos amosando as pezas da nosa colección.

Comezaremos co "Machado" exposto na sala de artes populares. Peza adicada ao oficio dos zoqueiros.


OBXETO: Machado
DATA: Século XIX
MATERIAL: Ferro e madeira
MEDIDAS: 43 x 12 x 4 cm



Os zoqueiros merecen este nome por se adicar casi exclusivamente a este traballo, pois son os que fan as zocas, é dicir, o calzado de madeira que usaban os nosos devanceiros. 
Os zoqueiros van devastando a anaco de madeira, isto é, dandolle forma por fóra co machado.


This entry was posted on viernes, marzo 03, 2017 at 12:33 and is filed under , , . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario